Monday 29 de April de 2024

A Xunta colabora nun simulacro de rescate acuático no Porto de Mugardos


A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá a un simulacro de rescate acuático no porto de Mugardos. O exercicio consistiu na simulación dun accidente no barco turístico que presta os seus servizos pola ría de Ferrol, máis coñecida como lancha de Mugardos.

No operativo, que contou coa colaboración da Xunta a través do servizo de Gardacostas, participaron ademais Policía local de Mugardos e Ares; GES de Mugardos; Bombeiros de Ferrol; Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mugardos, Ferrol e A Coruña; Garda Civil; Salvamento Marítimo; Navantia; Cruz Vermella; Casaga; Autoridade Portuaria de Ferrol; Capitanía Marítima; club deportivo Nautilus e Club do Mar de Mugardos; CIFP Leixa; Armada; Federación Galega de Salvemento e Socorrismo (Fessga); Imelga; Funeraria Galicia e Axega 112.